Mercado Municipal · Oficinas do Convento

1 de decembro_O feminismo en Montemor e nas Oficinas.

Hoxe toca día de traballo no ordenador, aínda que aquí é feriado.

Nas Oficinas hai reunión de Tiago, Joana, Virgínia e Vasco, sobre o libro dos 20 anos. Nun primeiro momento o libro ía ser en formato dixital, mais finalmente decidiron facer o libro en papel.

Hai tamén unha reunión e encontro de traballo da Rede de Sementes. Xente da Rede viñeron pasar a fin de semana e instalaron unha mesa de traballo na sala coworking do Capítulo.

Ao fin da tarde, con Iñaki, Tiago e João Sofío, temos unha conversa sobre feminismos, linguaxe inclusiva, e a situación LGTBI en Montemor.

Tiago amósame un traballo audiovisual de Ana Trincão e João Bento. Baubau, retrata os afazeres de um barbeiro da Cidade Alentejana de Montemor – o – Novo. Para além do tradicional corte de cabelo, Baubau dedica-se á poesia, á moda e gosta de cantar. Os seu ídolos são os não menos memoráveis Amália Rodrigues e António Variações.
É curioso que lembro a barbería dende a primeira vez que estiven por aquí. Chamábame a atención o lugar, unha barbería kitsch chea de collages por todas as paredes. Un espazo para homes, no que nunca me atrevín a entrar por respectar ese espazo privado na que os homes falan das súas cousas.
Agora xa pechou.
O documental Baubau foi realizado e presentado no marco da Mostra de Cinema Documental no 2009.

Vén Cacete pedirnos un favor. Deixou uns tambores secando ao sol no claustro, e quere que os metamos dentro da cantina cando caia a noite.

Á noite, no Convento, están Jerónimo, Dam e outros amigos de Dam facendo música na Cantina do Mambo.
Jerónimo convídanos a pasar mañá polo seu posto no Mercado Municipal. Estaría ben, así de paso, comprar uns queixos de cabra do mercado. É tan incrible a variedade de queixiños do Alentejo!!, a idea apetece moito.

Estou tan metida nas rutinas do ecosistema conventual 🙂 , que custa marchar :-/ .