Câmara Municipal · CineClube

19 de outubro_De feminismo e políticas culturais locais até o Monte Cervino.

Hoxe teño un encontro e conversa con João Marques sobre as políticas culturais feitas en Montemor-o-Novo. João foi Vereador da Cultura na Câmara Municipal durante 16 anos, así que foi partícipe do crecemento deste ecosistema cultural como cidadán e como axente institucional. Como tantas outras persoas de Montemor, aprendeu a desenvolver os seus proxectos xogando na Oficina da Criança.

Así que son moitos os temas que falamos:
O asociacionismo en Montemor-o-Novo e no Alentejo.
As políticas culturais. Liña estratéxica para apoiar a cultura como factor fundamental de desenvolvemento.
A cultura como ferramenta para fixar poboación nas zonas rurais.
Estratexias para dinamizar a cultura nas aldeas.
Apoios que a Câmara da ás asociacións en Montemor: RAMA, regulamento de apoio ao movemento asociativo.
Criterios seguidos para dar apoios ás asociacións e contraprestacións que se lles pide ás entidades apoiadas pola Câmara.
Como se incentiva dende a Câmara a participación na vida cultural.
Implicación das persoas na política local.
Concluímos a conversa con que en Montemor-o-Novo foron privilexiados, souberon construír as oportunidades. A vontade política foi fundamental. O terreo foi fértil, e conseguiron enganchar ás persoas axitadoras que viñeron para ficar, ofrecéndolles oportunidades para facer e traballar. E esas persoas foron fundamentais, ao igual que as que viñeron despois e ficaron, e ao igual que as que están por vir. As persoas son o fundamental.
Podes ler aquí o artigo que escribín a partires desta conversa.

Hoxe fai de cear o suízo Tobias. Xantamos Iñaki, Sabina, Tobias e mais eu.
Tobias cóntanos que parte da súa familia é de Zermatt, o lugar onde está a montaña de Toblerone. Un lugar moi bonito, pero moi exclusivo e turístico. Sorpréndelle que non saibamos cal é a montaña dos chocolates Toblerone.

illus272b

O monte Cervino (español e italiano), Matterhorn (alemán), é a montaña máis famosa dos Alpes, pola forma de pirámide e pola súa altura. Din que é a montaña máis fotografiada no mundo.
É tan grande o mundo e ten tanta cousa, que non da o tempo para velo todo.
Fálanos de Suíza, do país, o carácter, o lore, da forma de ser das persoas, da vida alí, da vida, das vidas.

A mágoa é que se fixo tarde e xa non puidemos ir ao Cineclube que organiza Jimbo no CineTeatro Curvo Semedo. Hoxe ás 21.30 proxectaban “O ornitólogo”, un filme de João Pedro Rodrigues.

Acabamos a noite falando de performances e proxectos musicais de cadaquén. Sabina fálanos do seu grupo musical Los Ovarios.

0006726248_10