Oficinas do Convento

20 de outubro_Unha comunidade expansiva.

Subimos á net o video de ki, “colgao de una percha”, unha produción de Fur Alle Falle. É o video que gravamos hai catro días mentres apañabamos as olivas na Quinta do Estanque, onde Jerónimo.

No video sae Dam, Leonor, Ana, Ki, Matti e Jerónimo. Eramos a cuadrilla que ese día nos xuntamos medio casualmente a traballar collendo as olivas. As cuadrillas que curran con Jerónimo son sempre diversas. Mestúrase xente local con xente de calquera lugar do mundo. Traballan a cambio de sacar o seu propio aceite para todo o ano, ou por carne, diñeiro, vexetais, froitas, ou diretamente olivas para encurtir. O que queiran que faga troca.

Estes días coñecín a dúas rapazas belgas, que están pasando unha tempada por Montemor. Elas tamén van algúns días na cuadrilla de Jerónimo. Viñeron porque están moi interesadas en coñecer máis en profundidade o proxecto da Oficina da Criança. Unha delas estivera hai algún tempo por aquí, e agora viñeron as dúas para estar un mes. Están na casa dunha amiga que viñera vivir a Montemor. A onda expansiva que provoca a fixación de persoas, penso. As vin por primeira vez o día do concerto. Ceamos xuntas a feijoada. E ceamos tamén con Jerónimo.

Á noite imos ver o concerto no Music Café organizado polas Oficinas e A Associaçao Terapéutica do Ruido. É un experimento, a primeira vez que organizan un concerto para que suceda noutro espazo alleo ás Oficinas. Programación descentralizada. O concerto é de Linus Vandewolken (Bélgica) feat. Boris Nunes & Desmarques (Portugal).

Antes do concerto converso un pouco con João Rolaça. Sobre como é que viu vivir a Montemor, e como está sendo a súa vida aquí. Apetéceme falar un día máis de vagariño con el. No concerto está moita da malta fixe que coñezo.