Câmara Municipal · Oficina da Criança

Oficina da Criança

É un espazo da Câmara pensado para as crianças.
Hai moitas outras Oficinas da Criança ou Ateliers e Actividades de Tempo Libre en Portugal, mais esta diferénciase do resto por ser en réxime de porta aberta. As crianças poden entrar e saír da Oficina cando queren, con total liberdade.

O seu funcionamento é em regime de porta aberta tendo como objetivo a valorização dos Tempos Livres das crianças dos 6 aos 14 anos de idade, numa perspetiva do desenvolvimento Sócio Cultural.
É um espaço que a criança utiliza quando quer brincar, canaliza toda a vitalidade destas enquanto brincam para o desenvolvimento da criatividade e dos valores da Liberdade da solidariedade e do respeito pelos outros. Cultiva uma consciência estética da criatividade e da sensibilidade, através de uma pedagogia centrada no desenvolvimento das capacidades expressivas próprias das crianças.
Proporciona o desenvolvimento harmonioso das capacidades de todas e de cada uma, para que elas possam crescer como pessoas ativas e participativas na sociedade a que pertencem.

Hai doce anos que coñezo ese espazo e proxecto. Até hai pouco estaba nos baixos do Cineteatro Curvo Semedo.
Era un espazo laberíntico, como unha imaxina os baixos dun teatro. Estaba cheo de materiais e de crianças xogando. Era caótico. O lugar que todas as persoas soñamos de pequenas. Con material de costura, un tear, madeiras, material de cerámica, pinturas, un burro cheo de disfraces, e até un cuarto oscuro con fluorescencias na parede. Incrible. E ademais, coas portas abertas!

Agora teñen un edificio novo, inaugurado en abril de 2017. Aberto, luminoso, inspirador. Con salas para traballar, para xogar, unha cociña para facer obradoiros, unha sala de costura, con las e cun tear, un obradoiro de cerámica, un espazo con ordenadores, unha sala de cinema, e mil e unha cousas máis.
Xunto a Tiago Fróis e a Iñaki López, fago unha primeira visita á nova Oficina. Converso con Terezinha Tavares e Lurdes Frade.
Segundo percorro os espazos vou vendo nenas e nenos traballando, xogando e argallando por todos lados. Da a sensación de que usan o espazo como se fose unha casa propia.
Acordo un encontro e reunión para coñecer máis do proxecto con María Galego, coordinadora da Oficina da Criança.

Falo con moitas persoas sobre a orixe da Oficina da Criança. Con Terezinha e María, como traballadoras facilitadoras. Con Tiago, João,… persoas que xogaron e medraron aí, e mesmo cos creadores e fundadores do proxecto, Virgínia e Vasco.

Virgínia Fróis e Vasco Dias da Silva fixeran un proxecto similar a finais dos 70 en Santarém, durante o PREC. Eran artistas e co fin da ditadura, como moitas persoas, estaban motivadas para traballar dende a arte a animación sociocultural. O proxecto en Santarém acabouse, e foron convidados pola Câmara de Montemor a impulsar unha Oficina da Criança aquí.
Virgínia e Vasco apresentaron un proxecto á Câmara, e foi aceptado. A idea foi crear un espazo para chamar aos cativos que estaban na rúa. Para que viñesen brincar cun sentido, construír os seus propios xoguetes, e ter un punto de encontro uns cos outros.

Na publicación “Percursos. 30 anos de uma oficina para as crianças”, publicado no 2011, hai un texto de Virgínia no que reflexiona 30 anos despois do comezo do proxecto, sobre a estratexia da Oficina, cuestionando a súa misión na cidade:

“A Oficina da Criança inscreve-se neste espaço de liberdade de circulação das crianças de Montemor-o-Novo, e representa uma possibilidade de experimentar e de desenvolver novas coisas que não estão disponiveis em casa, na escola, sendo uma extensão da rua, potenciando-a.
Hoje, as crianças são levadas pelos pais à escola, à Oficina da Criança, com horários de adultos, sem fugas. A liberdade de escolher aonde se vai, o que fazer e a aprendizagem da responsabilidade e do risco são-lhes negadas.”

O proxecto cuestiónase constantemente, e isto fai que estea vivo.

Sempre foi un espazo sen horarios, sen materias definidas, no que os adultos dan un acompañamento creativo. Un espazo onde se promove a creatividade, a aprendizaxe, a imaxinación, a liberdade e o respeito. Onde as crianças traballan voluntariamente nos seus “proxectos”.
É gracioso que unha miúda amosa o deseño que está facendo e di, queres ver o meu proxecto?
A cativería ten total autonomía.
A Oficina da Criança é unha estrutura totalmente municipal. Non é unha entidade propia, mais si un organismo fundamental do ecosistema cultural. Ten parcerías, como o acordo feito co agrupamento escolar de Montemor-o-Novo. O proxecto está incluído no contido curricular, dentro do plan de estudos das escolas.
A Oficina da Criança ten concertado co agrupamento escolar desenvolver 3 sesións por ano dentro do horario lectivo.
Con este acordo, asegúranse de que todos os grupos de nenas e nenos de ata 10 anos pasan cada ano pola Oficina. Algúns miúdos que non quedan na escola ás actividades extraescolares, saen da escola ás 15:30 e veñen para a Oficina da Criança, que pecha ás 18:00. A cativería que vive noutras freguesias (parroquias) ten a posibilidade de vir á Oficina da Criança despois da escola e até as 17:30 ou 18:00, que collen o autobús para voltar a casa.

O equipo de traballo son 5 ou 6 persoas. María é a coordinadora e todas son facilitadoras dos proxectos das crianças. Son asistentes técnicas e animadoras dos talleres. De 3 en 3 anos van rotando (ata agora) de taller, mais é probable que vaia ser máis orgánico, segundo vexan.
Recentemente, Dam entrou a formar parte do equipo, sendo o técnico da sala de olería.
Moitos materiais da Câmara son reciclados nos obradoiros da Oficina da Criança. Os veciños tamén deixan cousas para reciclar. Todo o que poden o aproveitan. As crianças non teñen que pagar nada, e poden levar todo o que alí producen (en madeira, costura, cerámica, etc.).

Pregunto a María pola participación. Cantos miúdos participan respecto ao total da poboación. Contan cantas persoas están a frecuentar cada día a Oficina. Así que “frecuentadoras”, pasan por aí ao redor dunhas 100 persoas ao día. Na ludoteca, rondan as 1.100 por mes.
Así, dun xeito estimativo, un 20% da totalidade xeral de crianças que existen en Montemor-o-Novo, son usuarias da Oficina no seu tempo libre.

A Oficina desenvolve outras actividades.
A Oficina ten un programa de ferias, co que van coñecendo outros lugares de Portugal. A Câmara axuda ás familias a custealo.
Tamén están comezando a programar actividades para familias.

Hai unha relación con outros espazos culturais como as Oficinas do Convento, ou coa comunidade artística. A Oficina da Criança recibe artistas e artesáns para facer ateliers cos miúdos, con temas e técnicas específicas. Locais, nacionais e internacionais.

Persoalmente considero que este proxecto tivo e ten un impacto nas persoas que brincaron na Oficina da Criança.
María di que son persoas que conseguen concretizar proxectos de vida. Seguras de sí mesmas. Persoas activas que fan cousas pola comunidade.

Cando a rapazada pasa a idade de ir á Oficina, hai quen segue a manter relación co espazo. Veñen de visita. Hai unha continuidade, polo cariño, e a relación coas persoas que alí traballan.

Crianças creativamente felices e felizmente creativas.

Advertisement