Centro de Investigação de Cerâmica · Cooperativa Cultural e Artística CCAAL · Ofício das Artes _ Escola profissional de Música e Luthiers · Oficina da Criança · Oficina de Artes Gráficas · Oficinas do Convento · Telheiro _ Laboratório de Terra

9 de outubro_ Ao redor das Oficinas.

É luns, e despois do pequeno almorzo, imos ás Oficinas do Convento. Con motivo da celebración dos 20 anos das Oficinas do Convento, están a facer un documental. O equipo audiovisual está formado por Rui Cacilhas, Pedro Grenha e Rodolfo Pimenta. Hoxe pola mañá vén João Marques pois vai ser entrevistado. El foi Vereador da… Seguir lendo 9 de outubro_ Ao redor das Oficinas.

Cooperativa Integral Minga · Cooperativa Traquinas Índios e Sábios · Galería Municipal

10 de outubro_A vida nas Oficinas do Convento un martes calquera.

Pola mañá, converso co meu amigo Nuno Lemos, que traballa na Galería Municipal. Forma parte da vida e da xente das Oficinas do Convento dende que era estudante de Belas Artes en Lisboa, época na que comezou a frecuentar as Oficinas. Pouco despois, quedou a vivir aquí. Falamos da Cooperativa Traquinas Índios e Sábios, C.R.L… Seguir lendo 10 de outubro_A vida nas Oficinas do Convento un martes calquera.

Cooperativa Cultural e Artística CCAAL · Cooperativa Integral Minga · Oficina da Criança

11 de outubro_ Café conventual, Oficina da Criança e cooperativa Minga.

Paso a mañá preparando as entrevistas a axentes seleccionados. Sobre as tres, tres e media, moitos días xúntase un bo grupo de xente no Convento para tomar un café. É un xeito de verse, estar en contacto, compartir, conversar, debatir, resolver dúbidas ou rir. Normalmente hai unha máquina de café bo e barato no claustro… Seguir lendo 11 de outubro_ Café conventual, Oficina da Criança e cooperativa Minga.

Centro de Investigação de Cerâmica · Cooperativa Integral Minga · Ofício das Artes _ Escola profissional de Música e Luthiers · Oficina da Criança

12 de outubro_Un paseo polas rúas de Montemor-o-Novo e visita a espazos do ecosistema.

Pola mañá vou facer varias visitas pola cidade adiante. Iñaki acompáñame. Aproveito para comprar uns queixiños e un pan alentejano no despacho de pan, e unhas natinhas. Parece ser que a cooperativa alimentaria onde compraba produtos locais pechou. Segue a tenda kitsch de obxectos de decoración, segue a sastrería, e segue a Pastelería Estudiantil. Fago… Seguir lendo 12 de outubro_Un paseo polas rúas de Montemor-o-Novo e visita a espazos do ecosistema.

Câmara Municipal · Centro de Artes e Ofícios – Centro Interpretativo do Lugar (CAO) · Centro Juvenil · Cine nas parroquias · CineClube · Oficinas do Convento

13 de outubro_Centro Juvenil, CineClube e Cine ambulante polas aldeas.

Pola mañá teño un encontro e conversa até mediodía con Helena Rocha, da Delegaçao Regional da Cultura en Évora. Ela traballa na coordinación da Direcção Regional de Cultura do Alentejo. Achégase ás Oficinas, e reunímonos na Sala do Francês. Durante este encontro falamos de varios temas. É unha conversa intensa e moi interesante. Abordamos os… Seguir lendo 13 de outubro_Centro Juvenil, CineClube e Cine ambulante polas aldeas.

Câmara Municipal · Galería Municipal · O Espaço do Tempo · Oficina da Criança · Oficinas do Convento

15 de outubro_Olivas e conversa sobre as orixes do ecosistema con Vasco e Virgínia.

Estivemos todo o día recollendo olivas. Calculamos que temos perto dos 200 kilos. Pola tarde noite chega o momento de sacar os paos e limpar de follas e paíños as olivas, para levalas o máis limpas posible ao lagar ao día seguinte. Labor que invita á conversa ao redor dunha mesa. Falamos de iniciativas culturais… Seguir lendo 15 de outubro_Olivas e conversa sobre as orixes do ecosistema con Vasco e Virgínia.

Alma D´Arame · Câmara Municipal · Cooperativa Cultural e Artística CCAAL · MARCA ADL · Oficina da Criança · Oficinas do Convento

18 de outubro_A rede e o ecosistema dende Oficinas do Convento. Conversas, concertos e feijoada.

Comezo o día cunha conversa con João Sofio. Pregúntolle pola súa nai, Vitalina Sofio, pois foi Vereadora da Cultura, mestra importante na alfabetización para adultos e persoa chave na vida cultural. Tamén tivo que ver cos comezos da Oficina da Criança, dos que falamos. Cóntame do que aconteceu despois de Salazar, que disque morreu porque… Seguir lendo 18 de outubro_A rede e o ecosistema dende Oficinas do Convento. Conversas, concertos e feijoada.

Câmara Municipal · CineClube

19 de outubro_De feminismo e políticas culturais locais até o Monte Cervino.

Hoxe teño un encontro e conversa con João Marques sobre as políticas culturais feitas en Montemor-o-Novo. João foi Vereador da Cultura na Câmara Municipal durante 16 anos, así que foi partícipe do crecemento deste ecosistema cultural como cidadán e como axente institucional. Como tantas outras persoas de Montemor, aprendeu a desenvolver os seus proxectos xogando… Seguir lendo 19 de outubro_De feminismo e políticas culturais locais até o Monte Cervino.

Biblioteca Municipal · Oficina da Criança · Oficinas do Convento

27 de novembro_A fala galega e a portuguesa, e a conexión neozelandesa a través do movemento maker.

O outro día dixéronme que eu falo un portugués antigo, como falan as aboas do norte. Moita xente mo ten dito. En conversas máis breves ou con descoñecidos, falando eu o meu galego-portugués, téñenme dito que entenden moi ben o meu español… pero é que eu non estou falando español, contéstolles cun sorriso. Hoxe lin… Seguir lendo 27 de novembro_A fala galega e a portuguesa, e a conexión neozelandesa a través do movemento maker.