Pola mañá teño un encontro e conversa até mediodía con Helena Rocha, da Delegaçao Regional da Cultura en Évora. Ela traballa na coordinación da Direcção Regional de Cultura do Alentejo. Achégase ás Oficinas, e reunímonos na Sala do Francês. Durante este encontro falamos de varios temas. É unha conversa intensa e moi interesante. Abordamos os… Seguir lendo 13 de outubro_Centro Juvenil, CineClube e Cine ambulante polas aldeas.
Categoría: CineClube
19 de outubro_De feminismo e políticas culturais locais até o Monte Cervino.
Hoxe teño un encontro e conversa con João Marques sobre as políticas culturais feitas en Montemor-o-Novo. João foi Vereador da Cultura na Câmara Municipal durante 16 anos, así que foi partícipe do crecemento deste ecosistema cultural como cidadán e como axente institucional. Como tantas outras persoas de Montemor, aprendeu a desenvolver os seus proxectos xogando… Seguir lendo 19 de outubro_De feminismo e políticas culturais locais até o Monte Cervino.
28 de novembro_Xente que se queda.
Hoxe Iñaki publicou na net o vídeo de dam i ki, Universaliza a túa escala. Outra produción de Fur Alle Falle. Á tarde, reúnome con Marta Mattioli. Marta é de Azeitao. Está instalada en Montemor-o-Novo dende que se trasladou da Universidade de Lisboa á de Évora. Está vinculada ás Oficinas dende 2003, colaborando nun principio… Seguir lendo 28 de novembro_Xente que se queda.
29 de novembro_ Enxovalhada e titoría.
Onte apetecíame cear algo rico e caseiro, mais non me apetecían restaurantes, tiña ganas de algo máis enxebre, tipo cantina de aldea. Así que llo comentei a Tiago e propúxonos ir ao Reguengo. O Reguengo é un lugar cunha cantina que me lembrou ás cantinas que hai pola miña aldea, onde cada noite se xuntan… Seguir lendo 29 de novembro_ Enxovalhada e titoría.
30 de novembro_Visitas ao Telheiro e ao Centro de Investigação de Cerâmica, e Feminismos na Quinta do Estanque.
Pola mañá, nas Oficinas do Convento, continúo a traballar no ordenador, cos textos, reunións, redactando, organizando os contidos. Despois do almorzo, Iñaki mais eu somos convidados a ver un pase en privado do documental que están a facer con motivo dos 20 anos, e que está case listo. Queren ter unha visión crítica externa. Facemos… Seguir lendo 30 de novembro_Visitas ao Telheiro e ao Centro de Investigação de Cerâmica, e Feminismos na Quinta do Estanque.