Cooperativa Integral Minga · Cooperativa Traquinas Índios e Sábios · Galería Municipal

10 de outubro_A vida nas Oficinas do Convento un martes calquera.

Pola mañá, converso co meu amigo Nuno Lemos, que traballa na Galería Municipal. Forma parte da vida e da xente das Oficinas do Convento dende que era estudante de Belas Artes en Lisboa, época na que comezou a frecuentar as Oficinas. Pouco despois, quedou a vivir aquí. Falamos da Cooperativa Traquinas Índios e Sábios, C.R.L… Seguir lendo 10 de outubro_A vida nas Oficinas do Convento un martes calquera.

Cooperativa Cultural e Artística CCAAL · Cooperativa Integral Minga · Oficina da Criança

11 de outubro_ Café conventual, Oficina da Criança e cooperativa Minga.

Paso a mañá preparando as entrevistas a axentes seleccionados. Sobre as tres, tres e media, moitos días xúntase un bo grupo de xente no Convento para tomar un café. É un xeito de verse, estar en contacto, compartir, conversar, debatir, resolver dúbidas ou rir. Normalmente hai unha máquina de café bo e barato no claustro… Seguir lendo 11 de outubro_ Café conventual, Oficina da Criança e cooperativa Minga.

Centro de Investigação de Cerâmica · Cooperativa Integral Minga · Ofício das Artes _ Escola profissional de Música e Luthiers · Oficina da Criança

12 de outubro_Un paseo polas rúas de Montemor-o-Novo e visita a espazos do ecosistema.

Pola mañá vou facer varias visitas pola cidade adiante. Iñaki acompáñame. Aproveito para comprar uns queixiños e un pan alentejano no despacho de pan, e unhas natinhas. Parece ser que a cooperativa alimentaria onde compraba produtos locais pechou. Segue a tenda kitsch de obxectos de decoración, segue a sastrería, e segue a Pastelería Estudiantil. Fago… Seguir lendo 12 de outubro_Un paseo polas rúas de Montemor-o-Novo e visita a espazos do ecosistema.

Cooperativa Integral Minga · Oficinas do Convento

23 de novembro_Coworking na Sala do Capítulo.

Instalo a miña oficina ou espazo de traballo no coworking space que hai montado na Sala do Capítulo. Aínda queda algo da instalación de burbullas de Tiago, unha máquina que fai burbullas de ar nun tubo de auga e que se proxectan reflexadas nun espello. Hai unha escaleira de cor laranxa, un enchufe que cae… Seguir lendo 23 de novembro_Coworking na Sala do Capítulo.

Cooperativa Integral Minga · Movemento Asociativo · Oficinas do Convento

Cooperativa Integral Minga

http://mingamontemor.pt/ Minga é unha cooperativa integral que xurdiu en Montemor-o-Novo no ano 2015. Nos últimos meses coñecín a moitas persoas que dunha ou doutra maneira forman parte desta iniciativa. Algunhas porque venden na tenda da cooperativa os seus produtos (agrícolas, cerámica, moda, cosmética, deseños, etc.), outras porque asisten ás clases de ioga no espazo Minga,… Seguir lendo Cooperativa Integral Minga