Hoxe chegamos a Oficinas do Convento. Cando entras no Municipio de Montemor-o-Novo, hai un cartel no que pon: “Montemor-o-Novo, Volte sempre” E a min gústame velo, pois é como se este territorio alentejano me estivera a chiscar o ollo. No 2006 marchei a vivir de Valencia a Montemor grazas a unha bolsa europea, para facer… Seguir lendo 8 de outubro _Chegada.
Categoría: Oficinas do Convento
9 de outubro_ Ao redor das Oficinas.
É luns, e despois do pequeno almorzo, imos ás Oficinas do Convento. Con motivo da celebración dos 20 anos das Oficinas do Convento, están a facer un documental. O equipo audiovisual está formado por Rui Cacilhas, Pedro Grenha e Rodolfo Pimenta. Hoxe pola mañá vén João Marques pois vai ser entrevistado. El foi Vereador da… Seguir lendo 9 de outubro_ Ao redor das Oficinas.
12 de outubro_Un paseo polas rúas de Montemor-o-Novo e visita a espazos do ecosistema.
Pola mañá vou facer varias visitas pola cidade adiante. Iñaki acompáñame. Aproveito para comprar uns queixiños e un pan alentejano no despacho de pan, e unhas natinhas. Parece ser que a cooperativa alimentaria onde compraba produtos locais pechou. Segue a tenda kitsch de obxectos de decoración, segue a sastrería, e segue a Pastelería Estudiantil. Fago… Seguir lendo 12 de outubro_Un paseo polas rúas de Montemor-o-Novo e visita a espazos do ecosistema.
13 de outubro_Centro Juvenil, CineClube e Cine ambulante polas aldeas.
Pola mañá teño un encontro e conversa até mediodía con Helena Rocha, da Delegaçao Regional da Cultura en Évora. Ela traballa na coordinación da Direcção Regional de Cultura do Alentejo. Achégase ás Oficinas, e reunímonos na Sala do Francês. Durante este encontro falamos de varios temas. É unha conversa intensa e moi interesante. Abordamos os… Seguir lendo 13 de outubro_Centro Juvenil, CineClube e Cine ambulante polas aldeas.
15 de outubro_Olivas e conversa sobre as orixes do ecosistema con Vasco e Virgínia.
Estivemos todo o día recollendo olivas. Calculamos que temos perto dos 200 kilos. Pola tarde noite chega o momento de sacar os paos e limpar de follas e paíños as olivas, para levalas o máis limpas posible ao lagar ao día seguinte. Labor que invita á conversa ao redor dunha mesa. Falamos de iniciativas culturais… Seguir lendo 15 de outubro_Olivas e conversa sobre as orixes do ecosistema con Vasco e Virgínia.
18 de outubro_A rede e o ecosistema dende Oficinas do Convento. Conversas, concertos e feijoada.
Comezo o día cunha conversa con João Sofio. Pregúntolle pola súa nai, Vitalina Sofio, pois foi Vereadora da Cultura, mestra importante na alfabetización para adultos e persoa chave na vida cultural. Tamén tivo que ver cos comezos da Oficina da Criança, dos que falamos. Cóntame do que aconteceu despois de Salazar, que disque morreu porque… Seguir lendo 18 de outubro_A rede e o ecosistema dende Oficinas do Convento. Conversas, concertos e feijoada.
20 de outubro_Unha comunidade expansiva.
Subimos á net o video de ki, “colgao de una percha”, unha produción de Fur Alle Falle. É o video que gravamos hai catro días mentres apañabamos as olivas na Quinta do Estanque, onde Jerónimo. https://vimeo.com/238820437 No video sae Dam, Leonor, Ana, Ki, Matti e Jerónimo. Eramos a cuadrilla que ese día nos xuntamos medio… Seguir lendo 20 de outubro_Unha comunidade expansiva.
21 de outubro_Conversas no Convento.
Hoxe hai Conversas á volta da Luz nas Oficinas do Convento. Vén Jorge Calado con parte da súa colección de fotografías. A vida de Jorge Calado, já quase octogenário, junta um currículo científico muito relevante a um persistente interesse pelas artes, com uma predilecção especial pela fotografia. Como recordou o próprio, começou a coleccionar esta… Seguir lendo 21 de outubro_Conversas no Convento.
22 de novembro_Volta ás Oficinas e Dio3Estu.
Sobre as cinco da tarde chegamos ás Oficinas. Na Sala do Francés atopamos á crew do dio3Estu que están a facer unha residencia. A residencia rematará cun concerto de nadal. Coido que xa o fixeron outra vez, así que igual acaba sendo un clásico da casa. https://twitter.com/furallefalle/status/933390397967126533 Está todo cheo de esculturas sonoras, moitas delas… Seguir lendo 22 de novembro_Volta ás Oficinas e Dio3Estu.
23 de novembro_Coworking na Sala do Capítulo.
Instalo a miña oficina ou espazo de traballo no coworking space que hai montado na Sala do Capítulo. Aínda queda algo da instalación de burbullas de Tiago, unha máquina que fai burbullas de ar nun tubo de auga e que se proxectan reflexadas nun espello. Hai unha escaleira de cor laranxa, un enchufe que cae… Seguir lendo 23 de novembro_Coworking na Sala do Capítulo.