Hoxe chegamos a Oficinas do Convento. Cando entras no Municipio de Montemor-o-Novo, hai un cartel no que pon: “Montemor-o-Novo, Volte sempre” E a min gústame velo, pois é como se este territorio alentejano me estivera a chiscar o ollo. No 2006 marchei a vivir de Valencia a Montemor grazas a unha bolsa europea, para facer… Seguir lendo 8 de outubro _Chegada.
9 de outubro_ Ao redor das Oficinas.
É luns, e despois do pequeno almorzo, imos ás Oficinas do Convento. Con motivo da celebración dos 20 anos das Oficinas do Convento, están a facer un documental. O equipo audiovisual está formado por Rui Cacilhas, Pedro Grenha e Rodolfo Pimenta. Hoxe pola mañá vén João Marques pois vai ser entrevistado. El foi Vereador da… Seguir lendo 9 de outubro_ Ao redor das Oficinas.
10 de outubro_A vida nas Oficinas do Convento un martes calquera.
Pola mañá, converso co meu amigo Nuno Lemos, que traballa na Galería Municipal. Forma parte da vida e da xente das Oficinas do Convento dende que era estudante de Belas Artes en Lisboa, época na que comezou a frecuentar as Oficinas. Pouco despois, quedou a vivir aquí. Falamos da Cooperativa Traquinas Índios e Sábios, C.R.L… Seguir lendo 10 de outubro_A vida nas Oficinas do Convento un martes calquera.
11 de outubro_ Café conventual, Oficina da Criança e cooperativa Minga.
Paso a mañá preparando as entrevistas a axentes seleccionados. Sobre as tres, tres e media, moitos días xúntase un bo grupo de xente no Convento para tomar un café. É un xeito de verse, estar en contacto, compartir, conversar, debatir, resolver dúbidas ou rir. Normalmente hai unha máquina de café bo e barato no claustro… Seguir lendo 11 de outubro_ Café conventual, Oficina da Criança e cooperativa Minga.
12 de outubro_Un paseo polas rúas de Montemor-o-Novo e visita a espazos do ecosistema.
Pola mañá vou facer varias visitas pola cidade adiante. Iñaki acompáñame. Aproveito para comprar uns queixiños e un pan alentejano no despacho de pan, e unhas natinhas. Parece ser que a cooperativa alimentaria onde compraba produtos locais pechou. Segue a tenda kitsch de obxectos de decoración, segue a sastrería, e segue a Pastelería Estudiantil. Fago… Seguir lendo 12 de outubro_Un paseo polas rúas de Montemor-o-Novo e visita a espazos do ecosistema.
13 de outubro_Centro Juvenil, CineClube e Cine ambulante polas aldeas.
Pola mañá teño un encontro e conversa até mediodía con Helena Rocha, da Delegaçao Regional da Cultura en Évora. Ela traballa na coordinación da Direcção Regional de Cultura do Alentejo. Achégase ás Oficinas, e reunímonos na Sala do Francês. Durante este encontro falamos de varios temas. É unha conversa intensa e moi interesante. Abordamos os… Seguir lendo 13 de outubro_Centro Juvenil, CineClube e Cine ambulante polas aldeas.
14 de outubro_Recollendo as olivas por primeira vez.
Estes días estivemos falando con Tiago sobre irmos coller as olivas que ten no quintal da casa. Estamos no tempo, e seica este fin de semana é cando a xente que ten oliveiras vai comezar a apañalas. Se cadra aínda é un pouco cedo, mais aínda así decidimos irmos recoller a oliva ao Pumarinho. Imos… Seguir lendo 14 de outubro_Recollendo as olivas por primeira vez.
15 de outubro_Olivas e conversa sobre as orixes do ecosistema con Vasco e Virgínia.
Estivemos todo o día recollendo olivas. Calculamos que temos perto dos 200 kilos. Pola tarde noite chega o momento de sacar os paos e limpar de follas e paíños as olivas, para levalas o máis limpas posible ao lagar ao día seguinte. Labor que invita á conversa ao redor dunha mesa. Falamos de iniciativas culturais… Seguir lendo 15 de outubro_Olivas e conversa sobre as orixes do ecosistema con Vasco e Virgínia.
16 de outubro_Facendo o noso primeiro aceite na Quinta do Estanque.
Nos dous días anteriores, recollimos 180 kg. de olivas das asilvestradas e bravas oliveiras do Pumarinho, así que temos que levalas a un lagar. As opcións son: - levalas a unha cooperativa, en Alcácer do Sal. Mais alí recolles un aceite que sae da mestura do que leva toda a xente, e nós non queremos… Seguir lendo 16 de outubro_Facendo o noso primeiro aceite na Quinta do Estanque.
17 de outubro_Aceite, lumbalxia, e acupuntura.
Levántome con moito lumbago, así que pouco podo facer hoxe. Quedeime “enganchada” ao saír da ducha. Estou mesmo fodida das costas. Vou ver a unha acupunturista, Marina, e adico o día ao reposo. Iñaki vai comprar unha bolsa de auga quente á tenda dos mil obxectos. Dáme a vida. Compra tamén botes grandes de cristal… Seguir lendo 17 de outubro_Aceite, lumbalxia, e acupuntura.