receitas

Existe un ecosistema cultural funcionando en cada lugar, ás veces parece estar durmindo, ás veces só se sinte cando hai festa, ás veces cando sucede algo inesperado, mais sempre está aí. O primeiro que temos que facer é observalo, ver cales son as súas características, observar os ciclos, observar que axentes están activos e que están a facer.

Existe unha receita para reactivalo, estimulalo, dinamizalo?

Vai ser que non se pode replicar ou copiar un ecosistema cultural, pois hai factores diferenciais que son determinantes en cada territorio. Aínda que teñas os mesmos equipamentos estructurais e repliques as estratexias doutro ecosistema non tes asegurado o éxito. Hai un factor chave: as persoas e as súas vidas.

Aínda así tratamos de identificar e atopar dispositivos, estratexias, impulsos, que poidan ser usados e replicados, nunha lóxica de adaptación ao territorio.

Vou propoñervos chaves para reactivar e dinamizar un ecosistema cultural. Para Concellos e para asociacións, colectivos ou organismos culturais. A partir destas chaves poderíamos construír unha receita adaptada ao noso lugar.

 

CHAVES PARA CONCELLOS

 




Algunhas estratexias e políticas culturais:


 

CHAVES PARA ENTIDADES, COLECTIVOS, ORGANISMOS CULTURAIS:

funda

fai grupos


pide-apoios

 

Advertisement