Estes días estivemos falando con Tiago sobre irmos coller as olivas que ten no quintal da casa. Estamos no tempo, e seica este fin de semana é cando a xente que ten oliveiras vai comezar a apañalas. Se cadra aínda é un pouco cedo, mais aínda así decidimos irmos recoller a oliva ao Pumarinho. Imos… Seguir lendo 14 de outubro_Recollendo as olivas por primeira vez.
Etiqueta: aceite
16 de outubro_Facendo o noso primeiro aceite na Quinta do Estanque.
Nos dous días anteriores, recollimos 180 kg. de olivas das asilvestradas e bravas oliveiras do Pumarinho, así que temos que levalas a un lagar. As opcións son: - levalas a unha cooperativa, en Alcácer do Sal. Mais alí recolles un aceite que sae da mestura do que leva toda a xente, e nós non queremos… Seguir lendo 16 de outubro_Facendo o noso primeiro aceite na Quinta do Estanque.
17 de outubro_Aceite, lumbalxia, e acupuntura.
Levántome con moito lumbago, así que pouco podo facer hoxe. Quedeime “enganchada” ao saír da ducha. Estou mesmo fodida das costas. Vou ver a unha acupunturista, Marina, e adico o día ao reposo. Iñaki vai comprar unha bolsa de auga quente á tenda dos mil obxectos. Dáme a vida. Compra tamén botes grandes de cristal… Seguir lendo 17 de outubro_Aceite, lumbalxia, e acupuntura.
20 de outubro_Unha comunidade expansiva.
Subimos á net o video de ki, “colgao de una percha”, unha produción de Fur Alle Falle. É o video que gravamos hai catro días mentres apañabamos as olivas na Quinta do Estanque, onde Jerónimo. https://vimeo.com/238820437 No video sae Dam, Leonor, Ana, Ki, Matti e Jerónimo. Eramos a cuadrilla que ese día nos xuntamos medio… Seguir lendo 20 de outubro_Unha comunidade expansiva.