Hoxe chegamos a Oficinas do Convento. Cando entras no Municipio de Montemor-o-Novo, hai un cartel no que pon: “Montemor-o-Novo, Volte sempre” E a min gústame velo, pois é como se este territorio alentejano me estivera a chiscar o ollo. No 2006 marchei a vivir de Valencia a Montemor grazas a unha bolsa europea, para facer… Seguir lendo 8 de outubro _Chegada.
Etiqueta: claustro
9 de outubro_ Ao redor das Oficinas.
É luns, e despois do pequeno almorzo, imos ás Oficinas do Convento. Con motivo da celebración dos 20 anos das Oficinas do Convento, están a facer un documental. O equipo audiovisual está formado por Rui Cacilhas, Pedro Grenha e Rodolfo Pimenta. Hoxe pola mañá vén João Marques pois vai ser entrevistado. El foi Vereador da… Seguir lendo 9 de outubro_ Ao redor das Oficinas.
11 de outubro_ Café conventual, Oficina da Criança e cooperativa Minga.
Paso a mañá preparando as entrevistas a axentes seleccionados. Sobre as tres, tres e media, moitos días xúntase un bo grupo de xente no Convento para tomar un café. É un xeito de verse, estar en contacto, compartir, conversar, debatir, resolver dúbidas ou rir. Normalmente hai unha máquina de café bo e barato no claustro… Seguir lendo 11 de outubro_ Café conventual, Oficina da Criança e cooperativa Minga.
13 de outubro_Centro Juvenil, CineClube e Cine ambulante polas aldeas.
Pola mañá teño un encontro e conversa até mediodía con Helena Rocha, da Delegaçao Regional da Cultura en Évora. Ela traballa na coordinación da Direcção Regional de Cultura do Alentejo. Achégase ás Oficinas, e reunímonos na Sala do Francês. Durante este encontro falamos de varios temas. É unha conversa intensa e moi interesante. Abordamos os… Seguir lendo 13 de outubro_Centro Juvenil, CineClube e Cine ambulante polas aldeas.
18 de outubro_A rede e o ecosistema dende Oficinas do Convento. Conversas, concertos e feijoada.
Comezo o día cunha conversa con João Sofio. Pregúntolle pola súa nai, Vitalina Sofio, pois foi Vereadora da Cultura, mestra importante na alfabetización para adultos e persoa chave na vida cultural. Tamén tivo que ver cos comezos da Oficina da Criança, dos que falamos. Cóntame do que aconteceu despois de Salazar, que disque morreu porque… Seguir lendo 18 de outubro_A rede e o ecosistema dende Oficinas do Convento. Conversas, concertos e feijoada.
23 de novembro_Coworking na Sala do Capítulo.
Instalo a miña oficina ou espazo de traballo no coworking space que hai montado na Sala do Capítulo. Aínda queda algo da instalación de burbullas de Tiago, unha máquina que fai burbullas de ar nun tubo de auga e que se proxectan reflexadas nun espello. Hai unha escaleira de cor laranxa, un enchufe que cae… Seguir lendo 23 de novembro_Coworking na Sala do Capítulo.
28 de novembro_Xente que se queda.
Hoxe Iñaki publicou na net o vídeo de dam i ki, Universaliza a túa escala. Outra produción de Fur Alle Falle. Á tarde, reúnome con Marta Mattioli. Marta é de Azeitao. Está instalada en Montemor-o-Novo dende que se trasladou da Universidade de Lisboa á de Évora. Está vinculada ás Oficinas dende 2003, colaborando nun principio… Seguir lendo 28 de novembro_Xente que se queda.
30 de novembro_Visitas ao Telheiro e ao Centro de Investigação de Cerâmica, e Feminismos na Quinta do Estanque.
Pola mañá, nas Oficinas do Convento, continúo a traballar no ordenador, cos textos, reunións, redactando, organizando os contidos. Despois do almorzo, Iñaki mais eu somos convidados a ver un pase en privado do documental que están a facer con motivo dos 20 anos, e que está case listo. Queren ter unha visión crítica externa. Facemos… Seguir lendo 30 de novembro_Visitas ao Telheiro e ao Centro de Investigação de Cerâmica, e Feminismos na Quinta do Estanque.
1 de decembro_O feminismo en Montemor e nas Oficinas.
Hoxe toca día de traballo no ordenador, aínda que aquí é feriado. Nas Oficinas hai reunión de Tiago, Joana, Virgínia e Vasco, sobre o libro dos 20 anos. Nun primeiro momento o libro ía ser en formato dixital, mais finalmente decidiron facer o libro en papel. Hai tamén unha reunión e encontro de traballo da… Seguir lendo 1 de decembro_O feminismo en Montemor e nas Oficinas.