Paso a mañá preparando as entrevistas a axentes seleccionados. Sobre as tres, tres e media, moitos días xúntase un bo grupo de xente no Convento para tomar un café. É un xeito de verse, estar en contacto, compartir, conversar, debatir, resolver dúbidas ou rir. Normalmente hai unha máquina de café bo e barato no claustro… Seguir lendo 11 de outubro_ Café conventual, Oficina da Criança e cooperativa Minga.
Etiqueta: Dam
12 de outubro_Un paseo polas rúas de Montemor-o-Novo e visita a espazos do ecosistema.
Pola mañá vou facer varias visitas pola cidade adiante. Iñaki acompáñame. Aproveito para comprar uns queixiños e un pan alentejano no despacho de pan, e unhas natinhas. Parece ser que a cooperativa alimentaria onde compraba produtos locais pechou. Segue a tenda kitsch de obxectos de decoración, segue a sastrería, e segue a Pastelería Estudiantil. Fago… Seguir lendo 12 de outubro_Un paseo polas rúas de Montemor-o-Novo e visita a espazos do ecosistema.
13 de outubro_Centro Juvenil, CineClube e Cine ambulante polas aldeas.
Pola mañá teño un encontro e conversa até mediodía con Helena Rocha, da Delegaçao Regional da Cultura en Évora. Ela traballa na coordinación da Direcção Regional de Cultura do Alentejo. Achégase ás Oficinas, e reunímonos na Sala do Francês. Durante este encontro falamos de varios temas. É unha conversa intensa e moi interesante. Abordamos os… Seguir lendo 13 de outubro_Centro Juvenil, CineClube e Cine ambulante polas aldeas.
16 de outubro_Facendo o noso primeiro aceite na Quinta do Estanque.
Nos dous días anteriores, recollimos 180 kg. de olivas das asilvestradas e bravas oliveiras do Pumarinho, así que temos que levalas a un lagar. As opcións son: - levalas a unha cooperativa, en Alcácer do Sal. Mais alí recolles un aceite que sae da mestura do que leva toda a xente, e nós non queremos… Seguir lendo 16 de outubro_Facendo o noso primeiro aceite na Quinta do Estanque.
20 de outubro_Unha comunidade expansiva.
Subimos á net o video de ki, “colgao de una percha”, unha produción de Fur Alle Falle. É o video que gravamos hai catro días mentres apañabamos as olivas na Quinta do Estanque, onde Jerónimo. https://vimeo.com/238820437 No video sae Dam, Leonor, Ana, Ki, Matti e Jerónimo. Eramos a cuadrilla que ese día nos xuntamos medio… Seguir lendo 20 de outubro_Unha comunidade expansiva.
23 de novembro_Coworking na Sala do Capítulo.
Instalo a miña oficina ou espazo de traballo no coworking space que hai montado na Sala do Capítulo. Aínda queda algo da instalación de burbullas de Tiago, unha máquina que fai burbullas de ar nun tubo de auga e que se proxectan reflexadas nun espello. Hai unha escaleira de cor laranxa, un enchufe que cae… Seguir lendo 23 de novembro_Coworking na Sala do Capítulo.
25 de novembro_Set de rodaxe na Quinta do Estanque.
Hoxe é sábado. Quedei con Iñaki e Dam para ir gravarlles o videoclip do tema que fixeron. Gravamos de mañá e de tarde. Olivia acompáñanos e tamén quere aprender a gravar e ser parte do equipo técnico. Olivia é unha das fillas de Jerónimo e ten sete anos. Ese día almorzamos con toda a familia,… Seguir lendo 25 de novembro_Set de rodaxe na Quinta do Estanque.
1 de decembro_O feminismo en Montemor e nas Oficinas.
Hoxe toca día de traballo no ordenador, aínda que aquí é feriado. Nas Oficinas hai reunión de Tiago, Joana, Virgínia e Vasco, sobre o libro dos 20 anos. Nun primeiro momento o libro ía ser en formato dixital, mais finalmente decidiron facer o libro en papel. Hai tamén unha reunión e encontro de traballo da… Seguir lendo 1 de decembro_O feminismo en Montemor e nas Oficinas.
2 de decembro_Mercado Municipal, hortas urbanas comunitarias e delicias varias.
É sábado. Erguémonos moi cedo. Tomamos un café con Liliana Velho, e fálame sobre o seu traballo artístico e do seu traballo en precario nun museo. Tamén vende as súas pezas na tenda da cooperativa Minga. Comentamos que hoxe na camarata, o dormitorio común das Oficinas, eramos moitas persoas a durmir, pois estaba toda a… Seguir lendo 2 de decembro_Mercado Municipal, hortas urbanas comunitarias e delicias varias.
Oficina da Criança
É un espazo da Câmara pensado para as crianças. Hai moitas outras Oficinas da Criança ou Ateliers e Actividades de Tempo Libre en Portugal, mais esta diferénciase do resto por ser en réxime de porta aberta. As crianças poden entrar e saír da Oficina cando queren, con total liberdade. O seu funcionamento é em regime… Seguir lendo Oficina da Criança