Centro de Investigação de Cerâmica · Cooperativa Integral Minga · Ofício das Artes _ Escola profissional de Música e Luthiers · Oficina da Criança

12 de outubro_Un paseo polas rúas de Montemor-o-Novo e visita a espazos do ecosistema.

Pola mañá vou facer varias visitas pola cidade adiante. Iñaki acompáñame. Aproveito para comprar uns queixiños e un pan alentejano no despacho de pan, e unhas natinhas. Parece ser que a cooperativa alimentaria onde compraba produtos locais pechou. Segue a tenda kitsch de obxectos de decoración, segue a sastrería, e segue a Pastelería Estudiantil. Fago… Seguir lendo 12 de outubro_Un paseo polas rúas de Montemor-o-Novo e visita a espazos do ecosistema.

outras

16 de outubro_Facendo o noso primeiro aceite na Quinta do Estanque.

Nos dous días anteriores, recollimos 180 kg. de olivas das asilvestradas e bravas oliveiras do Pumarinho, así que temos que levalas a un lagar. As opcións son: - levalas a unha cooperativa, en Alcácer do Sal. Mais alí recolles un aceite que sae da mestura do que leva toda a xente, e nós non queremos… Seguir lendo 16 de outubro_Facendo o noso primeiro aceite na Quinta do Estanque.

Centro de Investigação de Cerâmica · CineClube · MARCA ADL · Movimento Democrático de Mulheres · Oficinas do Convento · Telheiro _ Laboratório de Terra

30 de novembro_Visitas ao Telheiro e ao Centro de Investigação de Cerâmica, e Feminismos na Quinta do Estanque.

Pola mañá, nas Oficinas do Convento, continúo a traballar no ordenador, cos textos, reunións, redactando, organizando os contidos. Despois do almorzo, Iñaki mais eu somos convidados a ver un pase en privado do documental que están a facer con motivo dos 20 anos, e que está case listo. Queren ter unha visión crítica externa. Facemos… Seguir lendo 30 de novembro_Visitas ao Telheiro e ao Centro de Investigação de Cerâmica, e Feminismos na Quinta do Estanque.