Hoxe chegamos a Oficinas do Convento. Cando entras no Municipio de Montemor-o-Novo, hai un cartel no que pon: “Montemor-o-Novo, Volte sempre” E a min gústame velo, pois é como se este territorio alentejano me estivera a chiscar o ollo. No 2006 marchei a vivir de Valencia a Montemor grazas a unha bolsa europea, para facer… Seguir lendo 8 de outubro _Chegada.
Etiqueta: permacultura
14 de outubro_Recollendo as olivas por primeira vez.
Estes días estivemos falando con Tiago sobre irmos coller as olivas que ten no quintal da casa. Estamos no tempo, e seica este fin de semana é cando a xente que ten oliveiras vai comezar a apañalas. Se cadra aínda é un pouco cedo, mais aínda así decidimos irmos recoller a oliva ao Pumarinho. Imos… Seguir lendo 14 de outubro_Recollendo as olivas por primeira vez.
16 de outubro_Facendo o noso primeiro aceite na Quinta do Estanque.
Nos dous días anteriores, recollimos 180 kg. de olivas das asilvestradas e bravas oliveiras do Pumarinho, así que temos que levalas a un lagar. As opcións son: - levalas a unha cooperativa, en Alcácer do Sal. Mais alí recolles un aceite que sae da mestura do que leva toda a xente, e nós non queremos… Seguir lendo 16 de outubro_Facendo o noso primeiro aceite na Quinta do Estanque.
27 de novembro_A fala galega e a portuguesa, e a conexión neozelandesa a través do movemento maker.
O outro día dixéronme que eu falo un portugués antigo, como falan as aboas do norte. Moita xente mo ten dito. En conversas máis breves ou con descoñecidos, falando eu o meu galego-portugués, téñenme dito que entenden moi ben o meu español… pero é que eu non estou falando español, contéstolles cun sorriso. Hoxe lin… Seguir lendo 27 de novembro_A fala galega e a portuguesa, e a conexión neozelandesa a través do movemento maker.