Cooperativa Integral Minga · Cooperativa Traquinas Índios e Sábios · Galería Municipal

10 de outubro_A vida nas Oficinas do Convento un martes calquera.

Pola mañá, converso co meu amigo Nuno Lemos, que traballa na Galería Municipal. Forma parte da vida e da xente das Oficinas do Convento dende que era estudante de Belas Artes en Lisboa, época na que comezou a frecuentar as Oficinas. Pouco despois, quedou a vivir aquí. Falamos da Cooperativa Traquinas Índios e Sábios, C.R.L… Seguir lendo 10 de outubro_A vida nas Oficinas do Convento un martes calquera.

Advertisement
Alma D´Arame · Câmara Municipal · Cooperativa Cultural e Artística CCAAL · MARCA ADL · Oficina da Criança · Oficinas do Convento

18 de outubro_A rede e o ecosistema dende Oficinas do Convento. Conversas, concertos e feijoada.

Comezo o día cunha conversa con João Sofio. Pregúntolle pola súa nai, Vitalina Sofio, pois foi Vereadora da Cultura, mestra importante na alfabetización para adultos e persoa chave na vida cultural. Tamén tivo que ver cos comezos da Oficina da Criança, dos que falamos. Cóntame do que aconteceu despois de Salazar, que disque morreu porque… Seguir lendo 18 de outubro_A rede e o ecosistema dende Oficinas do Convento. Conversas, concertos e feijoada.

Câmara Municipal · CineClube

19 de outubro_De feminismo e políticas culturais locais até o Monte Cervino.

Hoxe teño un encontro e conversa con João Marques sobre as políticas culturais feitas en Montemor-o-Novo. João foi Vereador da Cultura na Câmara Municipal durante 16 anos, así que foi partícipe do crecemento deste ecosistema cultural como cidadán e como axente institucional. Como tantas outras persoas de Montemor, aprendeu a desenvolver os seus proxectos xogando… Seguir lendo 19 de outubro_De feminismo e políticas culturais locais até o Monte Cervino.

Oficinas do Convento

24 de novembro_Conexións e colaboracións na rede conventual.

Paso o día traballando no ordenador. Revisando as gravacións de audio dos encontros e reunións que tiven. Redactando. Hoxe comemos nas Oficinas do Convento toda a xente xunta. Sushi que traen de Évora Joana Rodolfo e Sandra Coelho, que están a traballar no libro dos 20 anos. Nesta viaxe, trouxemos 10 kg. de mel da… Seguir lendo 24 de novembro_Conexións e colaboracións na rede conventual.